CURRICULUM

          CORAL POLIFONICA DE ARBO

             

A Coral Polifónica de Arbo foi fundada no ano 1996,coa finalidade de
contribuir a difusión do canto tradicional e popular na sua mais pura
esencia, creando un vencello de unión con outros pobos e outras
culturas, contando sempre co apoio do Concello de Arbo, o cal esta
Coral representa dentro da sua humildade coa maior satisfación. Esta
composta por 35 voces mixtas, e dende o seu inicio esta dirixida por
D. Victor Fernandez Nogueiras, gran profesional da musica e gran
experto na direccion de masas corais, actividade a que se dedica
plenamente, dirixe ademais a Coral Sta. Baia de Mondariz e o Orfeón
Condado Paradanta. A Coral de Arbo comenzou a sua actividade
participando en Misas e Concertos a nivel local e comarcal. A medida
ca sua formación se consolida, as suas actuacions foron mais
relevantes. Percorreu moitos pobos e ciudades de Galicia, moitas
cidades de España, onde as suas actuacions tiveron grande acollida.
Foi convidada para actuar en Lyon e Cote de st, Andre (Francia)
Lisboa e outras ciudades de Portugal, onde esta Coral foi tratada con
moito agarimo. Forma parte da Organización dos Encontros
internacionais de Corales do Baixo Miño,que cada ano se celebran en
distintas ciudades e pobos de Galicia e Portugal, coa participacion
de gran numero de masas corais, a cal enriquecen a sua cultura
musical e favorece o bo entendemento e irmandade entre outros
Paises veciños e amigos, onde a música é a máxima expresión dos
nosos sentementos.Os seus coralistas son membros e forman parte  do ORFEÓN CONDADO PARADANTA E  eles colaboraron a que  conseguise en Villafranca de los Barros (Badaxoz) o premio á mellor interpretación de habanera en duas ocasions 2006 e 2011 e dous 2º  premios no festival de panxoliñas Caixanova  2005 e 2008 tamén como membros do ORFEON GALEGO CONDADO PARADANTA  o dìa 2 de xaneiro do 2011 Foran participes para que dita agrupación  teña no seu curriculum o segundo  premio no VIII concurso de corais  S.I.Catedral de Tuy

No hay comentarios: